Pequenos e maiores únense no Grove nun obradoiro interxeracional da Deputación

O GROVE> No Grove aproveitaron estes derradeiros días do Nadal para fabricar xabóns dun xeito artesanal, nun obradoiro conxunto entre avós e netos. A actividade, que forma parte do programa “Tecendo lazos” da Deputación de Pontevedra, busca a aprendizaxe interxeracional e o intercambio de experiencias entre pequenos e maiores.

Os maiores e os pequenos do Grove mergulláronse de cheo nun obradoiro onde eos xabóns son os protragonistas.

O proceso de elaboración é o de toda a vida, con mimo e paciencia, cos ingredientes de sempre e coa técnica tradicional. Nunha vila como O Grove, onde a tradición dos xabóns vén de lonxe, para moitos dos maiores supuxo lembrar algunhas das súas vivencias de cando eran cativos. Experiencias e mesmo historias de familia que agora puideron compartir cos seus netos.

Cos pequenos xa de volta na escola tralas vacacións do Nadal, un grupo das adultas que participaron no obradoiro aproveitaban hoxe para da-los últimos retoques ó traballo destes días. Unha actividade que serviu para adquirir novos coñecementos, pero tamén para compartir tempo de lecer.

E é que ese é a finalidade do proxecto “Tecendo lazos” da Deputación no que se enmarca este obradoiro. A edición de 2017 deste programa de actividades interxeracionais rematará esta semana vendo cumpridos os seus obextivos. O “Tecendo Lazos” prolongouse nesta edición durante catro meses, con moitas das súas actividades concentradas neste Nadal. Dende a Deputación agardan que par a vindeira edición se poidan organizar máis iniciativas, máis espalladas ó longo do calendario, porque calquera momento é bo para unir xeracións e aprender xuntos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí