As bandas musicais mostran o seu malestar polo estado e uso dos locais de ensaio

    RIBEIRA> Ademais do seu deterioro os grupos denuncian o peche dos locais durante o verán, unha época do ano na que teñen maior tempo libre para poder usar este espazo. Daniel e Xulio son dous exemplos de mozos músicos de Ribeira que se queixan do actual funcionamento dos locais de ensaio ubicados nos baixos do auditorio. Segundo eles o estado deste espazo non é o máis idóneo. Non dispón de baño e presenta ademais importantes desperfectos no seu interior que a pesar de serlle comunicados ó concello seguen sen ser arranxados. Outra das súas queixas é o peche do local na tempada estival. Unha época do ano na que precisamente é máis necesario o seu funcionamento. Os membros do BNG ribeirense teñen previsto levar ó vindeiro pleno este asunto para tratar de arrancarlle ó equipo de goberno un compromiso de mellora destas instalacións para que poidan ser empregadas con normalidade polas bandas locais.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí