
SALNÉS>
Doce detidos en Galicia, a meirande parte entre a comarca do Salnés e Vigo, catro máis no sur de España e dous en alta mar. É o balance polo momento da macro operación contra o tráfico de drogas que se desencadeou a principios de semana e da que pouco se sabe por pesar sobre ela o segredo de sumario. Esta mañá comezaron a pasar a disposición xudicial os arrestados en Galicia. Ó peche desta edición decretárase o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para catro persoas. Tres quedaron en liberdade.
Doce detidos en Galicia, a meirande parte entre a comarca do Salnés e Vigo, catro máis no sur de España e dous en alta mar. É o balance polo momento da macro operación contra o tráfico de drogas que se desencadeou a principios de semana e da que pouco se sabe por pesar sobre ela o segredo de sumario. A investigación corre a cargo do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo. Esta mañá comezaron a pasar a disposición xudicial os arrestados en Galicia, entre eles un vello coñecido da xustiza: Francisco Javier Fernández, fillo do vilanovés José Fernández Tourís, máis coñecido como ‘El Peque’. Involucrado en sonadas Operacións contra o narcotráfico como a Mariposa ou a Manzano, a súa casa da Illa foi unha das que centrou os rexistros realizados en terra, e aínda esta mañá a tensión que se palpaba no ambiente era máxima. Ó punto de lanzar ameazas ós medios de comunicación que se achegaban.
O operativo, que se mantén aberto, está a ser levado a cabo polas unidades Greco e Udyco da Policía Nacional de Pontevedra. Estase a desenvolver entre terra e mar, xa que aínda que non transcenderon demasiados datos, sábese que se interceptou unha embarcación cunha importante cantidade de droga a bordo. Barállase que máis dunha tonelada, e que podería ser cocaína. Con este operativo, que leva varios meses en marcha, estaríase desartellando unha rede de narcos cunha gran infraestrutura, operativa a nivel nacional, e que movería grandes cantidades de estupefacientes por terra e mar.









