O Castelo da Lúa dispón de tres paneis para a súa interpretación

    RIANXO> Rianxo segue a apostar pola posta en valor do seu patrimonio. O Castelo da Lúa conta xa con tres paneis informativos que permiten a interpretación deste vestixio. O obxectivo do concello é conseguir financiamento para acometer a segunda fase de rehabilitación da fortaleza. A singularidade do castelo da lúa, polo seu emprazamento ó lado do mar, e polos seus usos como forno ou fortaleza ó longo dos séculos converten a este elemento patrimonial nunha auténtica xoia para Rianxo. É por ilo que trala primeira fase da súa rehabilitación, financiada pola Xunta de Galicia no ano 2007, o concello procedeu á instalación de tres paneis informativos que permiten interpretar os restos arqueolóxicos. Ademais desta actuación, financiada coa axuda da Deputación da Coruña, o concello traballa na busca de fondos autonómicos para acometer unha segunda fase de rehabilitación do castelo. Os paneis contan cunha aplicación QR coa que os visitantes poderán descargas a información sobre o castelo da lúa en varios idiomas.