Espectacular accidente en Curro con cinco feridos, dous graves

 

PONTEVEDRA> Dous feridos graves e tres con contusións de diversa consideración. É o balance dun aparatoso accidente que se rexistraba na noite deste domingo na estrada que une Pontevedra con Vilagarcía. Pasaban uns minutos das nove cando dous vehículos batían frontolateralmente na curva á altura do restaurante El Abuelo Pintos. Por causas que se está a investigar, un turismo marca Nissan Qashqai colidiu cun todoterreo Mitsubishi Montero, levando o copiloto deste último vehículo a peor parte. Tivo que ser excarcerados polos bombeiros do Salnés e trasladado a un centro hospitalario en estado moi grave. No sinistro houbo outros tres feridos de diversa consideración que tamén precisaron atención médica. Son os ocupantes do Nissan.