Boiro retoma a carreira popular tras dous anos de parón pola covid

BOIRO> Boiro acollerá este domingo a decimo sexta edición da Carreira Popular Mar de Boiro. Na proba, que consta de catro categorías, xa hai inscritos preto de catrocentos participantes.

Máis de catrocentos corredores participarán este domingo na Carreira Popular Mar de Boiro- Memorial Pepe Buceta, unha cita xa consagrada no calendario deportivo do concello que tan só se veu interrompida os dous últimos anos por mor da pandemia.

Ademais da proba absoluta haberá tres carreiras para os máis pequenos, con saídas a partir das once menos vinte da mañá dende a praza do concello.  Ás once sairán os competidores da proba absoluta que realizarán un percorrido de dez quilómetros por lugares emblemáticos do municipio.

As inscricións permanecerán abertas ata mañá a medianoite e poden realizarse na páxina web de emesports.es