RIANXO> Están a levar a cabo unha iniciativa solidaria que ten coma finalidade a fabricación de distintos complementos con avalorios para a súa posterior venda. Todo o diñeiro que recaden irá destinado ós afectados pola erupción do volcán.
A iniciativa solidaria xurdiu na escola, e foron os propios nenos os que lle trasladaron ás profes a necesidade de facer algo para axudar a todas aquelas persoas afectadas pola erupción do volcán…
E rapidamente se puxeron a traballar. Coas súas mans e coa axuda das mestras comezaron a realizar distintos complementos con avalorios, como é o caso de chaveiros, pulseiras ou ‘colgamascarillas’.
Dende o CRA destacan a importancia da iniciativa, na que se traballa cos nenos a solidariedade e o traballo en valores, ademais doutros aspectos do propio curriculo.