Universitarios, primeiro destino do Luz Salgada

    VILAGARCÍA> Vilagarcía triplicará a contía das axudas destinadas a becas universitarias. Esta é a primeira medida que o goberno local propón para dar saída ó préstamo de Luz Salgada que o Tribunal Supremo vén de reverter ó concello. Tamén teñen proxectos para o entorno do Con, pero antes, din desde Ravella, deben coñecer os termos concretos da nova situación.

     

     

    De 15.000 a 40.000 euros. Esta é a contía na que Ravella amplía a partida destinada a bolsas de estudo para os universitarios de Vilagarcía. É a primeira medida que toma o goberno de Varela tras coñecer que o Tribunal Supremo anulou a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que obrigaba ó concello a devolver os fondos do plan Luz Salgada non gastados. Máis de tres millóns de euros que veñen como auga de maio, pero para os que o executivo socialista aínda non ten destino.

     

    E coa directora da Axencia Galega de Turismo consultarán prazos de execución da sentencia, prazos para investir eses máis de tres millóns e cales serán as condicións do empréstito.

     

    Ademais desas bolsas, barallan actuacións no entorno do Con, pero non avanzarán ata ter claros os novos termos da situación. Apuntan tamén ó Partido Popular polas manifestacións realizadas nos últimos días, nas que se gaba de ter influído nas xestións do Luz Salgada para que agora Vilagarcía poida contar con estes cartos.

     

    E ante o aluvión de propostas que comezan a aparecer desde a oposición, Ravella tende a man. Din que as escoitarán, pero tamén piden que colaboren, e que no próximo pleno apoien a modificación de crédito por valor de 185.000 euros. Era a contía disposta nos orzamentos deste ano para pagar os intereses de demora do préstamo. Xuros dos que agora quedan exentos.

     

    Pendentes desta reunión con Turismo, as que si teñen claras son as que manterán a próxima semana. Unha o mércores para tratar de desbloquear o proxecto do novo cuartel da Garda Civil en terreos de Fontecarmoa. A outra o venres, co director de Augas de Galicia, para falar sobre o tratamento que se vai dar ó río do Con ou a previsións das obras de canalización do regato que atravesa un garaxe dun edificio.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/VILAGARCIA_LUZ_SALGADA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/VILAGARCIA_LUZ_SALGADA.mp4{/flowplayer}