As Sinas protagonista dun simulacro de contaminación mariña

VILANOVA> O Ministerio de Transición Ecolóxica organizou en Vilanova un simulacro de contaminación mariña. A proba forma parte do Plan Ribera, no que se atopan aqueles casos de nivel superior a dous e que requiren a actuación do estado. Nas tarefas participaron máis de 100 efectivos dos diferentes servizos de emerxencias.

A praia das Sinas en Vilanova foi a localización escollida polo Ministerio de Transición ecolóxica para recrear unha situación de contaminación mariña. Na manobra participaron máis de 100 efectivos dos diferentes servizos de emerxencia. O obxectivo foi coordinar os recursos das administracións para afrontar un posible suceso de verteduras contaminantes.

A actividade encóntrase dentro do Plan Ribera. Este programa ten como obxectivo asegurar a coordinación das actuacións de loita contra a contaminación na costa, nos caso en que se requira a intervención dos medios do Estado.

O operativo comezou as 9 horas e os efectivos tiveron que realizar diferentes actividades para poder controlar a situación.

A subdelegada do goberno asegurou que os servizos de emerxencias tanto da comunidade como do estado están dotados agora de máis medios e formación que cando sucederon os accidentes do Mar Egeo ou o Prestige.