Exhibición de artes marciais en Ribadumia

RIBADUMIA> As artes marciais chegan a Ribadumia. O concello acollerá o sábado a partir das 8 da mañá o seu primeiro torneo de exhibición das diferentes disciplinas. Participarán un total de 75 loitadores do Club INNAE e do Club N.O.R.A.

A Asociación da Festa do Polo de Ribadumia, como antesala da cita gastronómica do 7 de xuño, organizará este sábado un torneo de exhibición de artes marciais coa colaboración dos clubs N.O.R.A e INNAE e da federación galega de Taekwondo. A intención é promocionar a festa e fomentar o deporte entre os mozos.

Na exhibición participarán 75 loitadores dos dous clubs, cada un coas súas especialidades.

As idades dos participantes atópanse entre os 3 e os 19 anos e irán competindo segundo as súas categorías.

O evento terá lugar no pavillón de deportes de Ribadumia a partir das 10 e a entrada é gratuíta.