A esencia da Festa do Tinto Rías Baixas das Neves achégase ao Salnés

VILAGARCÍA> A Festa do Tinto Rías Baixas achégase ao Salnés. O evento celebrarase nas Neves, pero a Denominación de Orixe apostou este ano por traer a súa esencia ata O Carril. Alí presentouse este luns a programación da que será xa a vixésima edición, que se vai celebrar do 4 ao 12 de xullo. O tinto representa na DO unha parte moi pequena da produción, arredor do 0,5% da uva. Con todo, a festa supón un importante reclamo para a subzona do Condado do Tea, con catas ou conferencia arredor dos viños, pero tamén con outras propostas paralelas, como unha andaina ou actuacións musicais.

No Salnés manda o branco, pero Rías Baixas apostou este ano por facerlle unha chiscadela aos seus tintos dende O Carril. A Denominación de Orixe trouxo ata esta vila toda a esencia da Festa do Tinto de Rías Baixas. Vaise celebrar no concello das Neves entre o 4 e 12 de xullo.

A Festa dos Tintos de Rías Baixas acada a súa vixésima. A fin de semana grande será a dos días 11 e 12, pero a programación arranca xa este sábado cunha andaina. O martes que vén, organizarase unha mesa redonda arredor do futuro dos tintos Atlánticos e tamén unha cata destinada a profesionais do sector.

O tinto representa na DO Rías Baixas unha parte moi pequena da produción, arredor do 0,5% da uva. Con todo, a festa supón un importante reclamo para a subzona do Condado do Tea, reivindicando a calidade e sabor dos nosos tintos.

Na fin de semana grande, a promoción vitivinícola compleméntase ademais con distintas propostas lúdicas e musicais. O humorista Isi será o encargado de dar o pregón, mentres que Luar na Lubre pechará a programación cun concerto o domingo á noite.