PORTO DO SON> A confraría de Portosín celebrou esta fin de semana o seu centenario cun multitudinario acto ó que asistiu o presidente da Xunta. A xornada serviu ademais para homenaxear ós patróns maiores que dirixiron a entidade ó longo deste século de vida e poñer en valor a marca de calidade ‘Azul de Portosín’.
Portosín tinguiuse de azul este sábado na xornada de exaltación da súa marca ‘Azul’ de Portosín que recoñece a frescura dos produtos capturados pola flota artesanal da localidade.
Ademais de promover o selo de calidade, coincidindo coa celebración do centenario da confraría, rendeuse unha sentida homenaxe ós patróns maiores e armadores que ó longo deste século converteron ó pósito nunha entidade de referencias, xeradora de emprego e riqueza na localidade.
O presidente da Xunta gabou tamén a creación do selo de calidade Azul dando a coñecer peixes como a xarda, a sardiña, o xurelo ou os bocartes máis aló de Galicia
A xornada rematou coa a degustación de diversos pratos elaborados co peixe local e showcookings a cargo de recoñecidos cociñeiros.