A Xunta acometeu melloras nunha trintena de centros educativos do Barbanza ó longo do verán

NOIA> O delegado territorial da Xunta na Coruña desprazouse ata Noia para coñecer as melloras que se están a executar no IES Virxe do Mar. Esta actuación, cun investimento de máis de 300 mil euros, forma parte das 28 actuacións que se están a desenvolver en centros educativos do Barbanza durante este verán.

O IES do Virxe do Mar está a ser obxecto dunha actuación que permitirá mellorar as condicións dos estudantes e traballadores para o curso que está a piques de comezar. Un investimento de 339 mil euros permitirá a renovación da fachada principal, substitución de fiestras así como a reparación dunha marquesiña, adaptándo é Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que desenvolve a Xuntya para impulsar centros máis sostibles e eficiente.

A do insituto noiés é unha máis das 28 actuacións que se están a acometer en centros educativos do Barbanza que arrancarán o curso notablemente mellorados.

Trátase do IES Fontexería de Muros, o IES Campo Alberto San Alberto de Noia e no IES Coroso de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí