J. Paradela: ‘O novo vial Sampaio-Portobravo só beneficiará ós noieses’

    LOUSAME> O portavoz socialista critica a modificación do novo vial que pretende axilizar o acceso dos veciños de Lousame e Noia á capital galega. Case unha semana despois de que a conselleira de Infraestructura presentara o proxecto desta nova estrada, acompañada da alcaldesa de Lousame e o alcalde de Noia, o partido socialista amosa a súa sorpresa e indignación, segundo dín, pola modificación do seu trazado. Xa desde o ano 2009, afirman os socialistas, o goberno falaba do víal Sampaio – Portobravo, que levaría a conectar o corredor Noia – Brión coa estrada Noia-Boiro. Aseguran que o trazado foise encollendo, ata o presentado a pasada semana. Un trazado que de ningún xeito toca o concello de Lousame, segundo dín os socialistas, beneficia só a Noia. Os socialistas aproveitaron tamén para denunciar o estado no que se atopa a estrada Portobravo- Tállara. O voceiro do psoe de Lousame, Xulio Paradela, fala do pleno desta mañá no que se desestimou o recurso interposto pola compañía aseguradora desta estrada. Así, o concello de Lousame requírelle á empresa o ingreso inmediato dos preto de 42 mil euros da garantía. O motivo son as deficiencias cometidas pola mesma na execución deste vial de enlace entre as estradas Provinciais 4201 e 1105. Un acordo firme que lle será comunicado á aseguradora de inmediato, e que pon fin á vía administrativa, polo que non cabe recurso algún.