A zanfona volve soar en Rianxo no XII Festival Internacional deste instrumento

    RIANXO> A “Zona da Zanfona”, o Festival internacional organizado polo Centro Galego de Música Popular “aCentral Folque” chega de novo a Rianxo para celebrar a súa decimosegunda edición. Durante 5 días a vila de Castelao convérsese no epicentro mundial da zanfona. Rianxo é xa un punto de encontro e un espazo fundamental de intercambio musical para zanfonistas. “Zona da Zanfona”, que elixe por quinta vez o municipio barbanzán para a súa celebración, ofrece unha coidada programación que se desenvolverá no casco histórico da vila. Os concertos permitirán ao público ser partícipe de cursos e bailes, e interactuar e cos músicos e luthiere. O profesorado desta edición está conformado por dúas figuras indispensables do rexurdimento que vive a zanfona en Galiza. Ademais dos cursos e concertos, Zona da Zanfona trae consigo animación de rúas, encontro de tocadores e a exposición “Zanfonistas de Castelao”, que se poderá desfrutar durante todos os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Unha cita alternativa e diferente á maioría dos festivais de verán, na que poderemos deixarnos sorprender polas posibilidades deste tradicional instrumentos de corda. Do 27 ao 31 de xullo, poderemos gozar de balde de tódalas actividades do festival, a excepcións dos cursos de formación. Xa poden inscribirse na páxina web: www.folque.com.