O pemento volve reunir a centos de festeiros en Herbón

    PADRÓN> Milleiros de persoas reuníronse este sábado na parroquia de Herbón, no municipio coruñés de Padrón, arredor do produto estrela desta localidade: o pemento. Unha festa considerada de Interese Turístico de Galicia que, como cada ano, comezou coa tradicional Procesión Agrícola Motorizada. A procesión coa que arranca a Festa do Pemento de Herbón, percorre, ida e volta, os dous quilómetros e medio que separan esta parroquia de Padrón. Por iso a procesión, aínda que aturando o sol deste sábado, faise máis levadeira sobre un dos 25 tractores engalanados que este ano se presentaron a concurso. Sobre todo, se atopamos troula dentro deles. Como novidade este ano, a ubicación. A nova comisión, formada por xente moi nova da parroquia, recuperou a Carballeira do Convento franciscano para a celebración. Unha festa que non rematou sen a entrega do tradicional mandíl ao pregoeiro desta Trixésimo Oitava edición, o xornalista, Valentín Tato. E por suposto, todo isto, ademáis de con sal, aderezado con música e bo humor.