BARBANZA> Os gandeiros veñen de amosar a súa desesperación ante unha nova morte dunha cría dunha res. Nos últimos meses a situación veuse agravada, polo que lle esixen á Xunta medidas efectivas para paliar este problema.
Desesperados e fartos..Os exemplos de Daniel, Enrique ou Manuel non son os únicos. Nos últimos meses os ataques dos lobos ós animais mostrencos criados na Serra do Barbanza aumentaron considerablemente. O último episodio esta fin de semana no que resultou morta a cría dunha res.
Non é a primeira vez que acontece. Están fartos de denunciar ante as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente os ataques dos lobos ó seu gando, sen que por parte da Administración se faga nada por remedialo. E é máis, segundo eles, protéxese ó lobo, ó ser unha especie en perigo de extinción. Unha circunstancia fai que os depredadores campen as súas anchas pola Serra do Barbanza.
Dende as Asociacións de Gandeiros do Barbanza sinálase que de seguir así en pouco tempo acabarase co gando salvaxe no monte e con el un xeito de vida de moitas familias que se dedican á esta actividade.