O Showroom Sena amosará as mellores maneiras de organizar un evento

Se están pensando en casar, organizar un bautizo ou unha comuñón atendan a nosa seguinte noticia. Saben o que é unha Showroom? Porque no hotel Sena terá lugar esta fin de semana unha Showroom bbc. Nela amosaranse as diferentes posibilidades de organizar un evento e tódolos detalles para marcar diferencias.

O hotel Sena en colaboración con Divinity Glamour levarán a cabo a fin de semana unha Showroom bbc, vodas, bautizos e comuñóns. Na showroom diferentes establecementos, marcas e organizadores de eventos amosarán unha ampla variedade de posibilidades para a celebración dunha cerimonia e tódolos detalles para marcar diferencias.

O evento estará formado por 24 stands entre os que se atopa o de Divinity Glamour.

Para que os visitantes comproben de primeira man as diferentes posibilidades de organizar un evento, no showroom farán unha simulación dunha voda e levarán a cabo diferentes actividades como desfiles.

Dende Divinity Galmour ocúpanse de incluír nos eventos tódalas necesidades dos clientes. As diferentes peticións deron lugar a moitas curiosidades.

A Showroom terá lugar no hotel Sena o sábado e o domingo de 11 da mañá a 9 da noite. Esta aberto a públicos de todas as idades e a entrada é gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí