Sete encapuchados levan 200.000 euros en materiais dunha empresa de Meis

MEIS> Sete encapuchados asaltaron esta fin de semana unha empresa en Vilanoviña, no concello de Meis. Os asaltantes entraron na parcela de Iluminaciones Umia na madrugada do domingo, e levaron material por valor duns 200 mil euros.

 

Serafín Janza aínda non se recuperou do susto. Na madrugada do domingo sete encapuchados entraron na parcela da súa empresa, Iluminaciones Umia, en Vilanoviña.

Durante máis de 45 minutos, os asaltantes cargaron o material roubado nunha das furgonetas da empresa. Serafín aínda está facendo cálculos, pero o substraído podería superar os 200 mil euros.

Toda a operación foi gravada polas cámaras de seguridade da empresa, e xa foi denunciada ante a Garda Civil. Polo de momento, onte recuperaron a fugoneta.

Serafín recoñece que o roubo é un golpe importante para a empresa, que tiña o material listo para instalar en Lugo polas Festas de San Froilán e a iluminación de Nadal de varios concellos. Ademais, o susto para a familia, que vive nunha casa anexa ao almacén.

Non é o primeiro roubo que sofre esta empresa. O ano pasado, os asaltantes entraron pola porta da nave que dá ao río Umia pero, segundo explica o propietario, naquela ocasión o valor do roubado foi moi inferior.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/roubo_iluminacions_umia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/roubo_iluminacions_umia.mp4{/flowplayer}