Un muradán vítima dunha nova estafa por internet

MUROS> A Garda Civil investigou a dúas persoas, naturais de Tenerife,  coma presuntas autoras dun delito de estafa na fase de explotación da denominada operación Mutecar, a raíz dunha denuncia realizada nas dependencias do Instituto Armado de Muros.

A vítima, un veciño da localidade, afirmaba ter comprado un vehículo a unha firma galega de compra-venda, e abonado o seu importe, uns 17.500 euros, mediante o método coñecido como BEC ou de compromiso de correo electrónico corporativo.

A pesar diso, nunca chegou a recibir o coche.

Na investigación os axentes lograron a identificación plena dos presuntos responsables da estafa, que a través dunha combinación de phishing, vishing e enxeñería social lograron acceder á carteira de direccións da empresa de automóbiles, enviando un correo electrónico simulando ser eles a empresa vendedora, modificando o número de conta bancaria para o ingreso íntegro do importe do vehículo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí