Uns novecentos maiores participaron no xantar da terceira idade da Pobra

    POBRA> Ó redor dunhas novecentas persoas participaron este mediodía no tradicional xantar para a terceira idade do concello da Pobra do Caramiñal. A comida, organizada polo departamento de Servizos Sociais, desenvolveuse como vén sendo costume no pavillón polideportivo de Venecia. Ademais do alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e demais membros da corporación local, entre os comensais, atopábanse tamén representantes doutros concellos da comarca. Tralo xantar, houbo tamén actuación musical. Neste caso da cantante local Mar que se encargou de amenizar a sobremesa a tódolos asistentes. Dende o concello pobrense quixo agradecerse tamén a colaboración de diversas empresas da zona que fixeron posible a celebración desta festa dos maiores.