RIBEIRA> Fronte común da Xunta e os concellos costeiros de Galicia para reclamar as competencias en materia de dominio público marítimo terrestre. Consideran que é a única vía para frear os ataques do goberno central que, a través da modificar da lei de Costas, busca erradicar as empresas da cadea mar- industria da franxa litoral.
As conselleiras de Mar e de Medio Ambiente, Rosa Quintana e Ángeles Vázquez, mantiveron un encontro en Ribeira cos responsables de medio cento de concellos costeiros de Galicia para abordar a negativa do goberno central a completar o traslado de competencias a Galicia sobre a franxa litoral de dominio públicos.Unha demanda lexítima da Xunta para a que o goberno galego empregará tódalas vías na súa man para facela efectiva.
Nos mesmos termos pronunciouse a Conselleira do Mar posto que a transferencia de competencias facilitaría a xestión do litoral sen poñer en risco o futuro de máis dun cento de empresas da cadea mar industria que se stán a ver ameazadas polas normativas estatais como os intentos de modificación da Lei de Vostas. Neset sentido, dende a Xunta entenden que o goberno pretende ir un paso máis alá co plan estratéxico nacional da costa libre..
Ante as intencións do executivo central, a Xunta e os concellos costeiros constitúen un fronte común para asumir o control do litoral como xa fan nalgunhas comunidades autónomas como Andalucía e outras en proceso como o País Vasco.











