A consellería do Mar saca a licitación a reforma integral dos pantaláns de Testal

NOIA> A actuación que será realizada por Portos de Galicia conta cun orzamento duns 450 mil euros. As obras incluirán a renovación integral do firme dos pantaláns e a instalación dos servizos de auga e alumeado.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana,  achegouse esta mañá ata o peirao de Testal para dar a coñecer a licitación de diversas obras de mellora que se van a levar a cabo nas instalacións portuarias. En total, o investimento previsto, ascende a uns 450 mil euros. Entre as actuación previstas figuran a renovación integral do pavimento do pantalán, e a dotación dos servizos básicos de alumeado e subministro de auga. Tamén se procederá á instalación dun sistema electrónico de control de acceso ós pantaláns para reforzar a seguridade da flota.

Segundo explicou a propia titular de Mar segue en estudo outra solicitude do pósito como é o dragado do porto.

Estas obras virán a sumarse as xa realizadas no edificio da lonxa ó longo do presente  ano. Cun orzamento de máis de 560 mil euros os traballos supuxeron a mellora das condicións da cuberta e a impermeabilización do inmoble e a creación dunha zona para visitantes. Unha clara aposta da Xunta por un dos sectores puxantes na economía desta comarca, como é o marisqueiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí