A asemblea do NOIA decidirá a cor do futuro goberno tras escoitar ó resto dos grupos

NOIA> Os dous concelleiros obtidos por Noieses Independentes Agrupados sitúanos novamente como chave de goberno en Noia. Deles depende unha posible reedición da coalición co PP ou un cuatripartito co resto dos grupos representados na corporación.

Trala satisfacción inicial polos resultados obtidos polo NOIA, que se traduciron en incremento de votos aínda que non de concelleiros, toca agora iniciar os contactos cos outros grupos de cara a formar goberno. Polo momento, xa mantiveron os primeiros conversas co PP, partido co que actualmente gobernan en coalición, é que precisarían do apoio dos independentes para manter a Santiago Freire na alcaldía.

Á espera de decidir se reeditan o pacto de goberno co PP ou se decantan por un goberno de esquerdas, o NOIA ten claro que hai unha serie de liñas básicas do seu programa a respectar a á hora de decantarse por unha ou outra opción.

Tras escoitar a tódolos grupos, será a asemblea quen decida finalmente se dá continuidade ó actual goberno ou aposta por unha coalición a catro, opción que semella máis improbable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí