Mar executará diversas actuacións portuarias en Muros por valor de máis de 800 mil euros

MUROS> Acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e xunto coa alcaldesa, María Lago, e o Patrón Maior, Daniel Formoso, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, anunciou diversos investimentos en infraestruturas portuarias na localidade por un importe de máis de 800 mil euros.

A primeira das actuacións proxectadas será a reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior do porto muradán.

A outra, a mellora da rampla do porto de Esteiro.

Segundo explicou o propio titular de Mar os dous proxectos serán executados ó longo da presente anualidade

Tanto a Confraría coma o Concello agradeceron o investimento, xa que virá a dar resposta a vellas demandas.

Durante a visita a Muros, o Conselleiro tamén anunciou o inicio das obras de substitución das luminarias portuarias por outras máis modernas de tecnoloxía LED e con control telemático nas que se investirán uns 233 mil euros.