A Marea Cidadá aspira a liderar o cambio de ciclo político en Noia

NOIA> A Marea de Noia presentou a pasada tarde a súa candidatura ó completo. Nun ateigado Coliseo Noela, o candidato Manolo Seijas dou a coñecer os integrantes do seu equipo e debullou as principais liñas do programa co que concorrerán ás eleccións do 28M.

A por todas. Cun equipo renovado, a Marea Cidadá de Noia sairá a gañar o  28 de maio co obxectivo de iniciar un cambio de ciclo na política municipal. O Coliseo Noela acolleu a presentación da lista que , por terceira vez, volve encabezar Manolo Seijas.

Xunto a Seijas, integran os primeiros postos da candidatura Consuelo Martínez, Paula Enríquez, Jesús Manuel Romaría e Elena Abeijón. Lola Caramés, ata agora concelleira na corporación, abandona  os postos de saída e pecha a lista.

O acto, que estivo presentado por Rogelio Santos, contou tamén coa asistencia do ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí