Meis dinamiza a súa tradicional Feira do Galo de Curral con actividades infantís

MEIS> Meis prepara a súa tradicional feira do galo de curral, unha cita indispensable no calendario de Nadal na localidade. Este ano as criadoras contan con vender uns 200 exemplares. Será, como manda a tradición, o día 22. Este ano a feira, contará tamén con actividades complementarias pensadas para a rapazada.

Meis prepárase para o Nadal. Unha da citas máis emblemáticas é a feira do galo de curral. Como mande a tradición, celebrarase o día 22 en horario de mañá, no mercado do Mosteiro.

O galo de curral meisino é todo un emblema gastronómico, indispensable en moitos fogares polo Nadal. Este ano haberá 10 vendedores que contan vender unhas 200 unidades.

Este ano, ademais, o concello complementa a feira con actividades para a rapazada, aproveitando que xa están de vacacións. Tamén haberá un tren de Nadal, percorrendo o concello.

O programa do Nadal complétase con teatro e unha excursión á pista de xeo de Cambados. Tamén a visita do Apalpador e a tradicional Cabalgata de Reis.  A todo isto hai que sumar o ‘Prémiate en Meis’ unha iniciativa para estimula-lo comercio local. O sorteo dos vales vai ter lugar o día 13 de xaneiro.