Os okupas aprópianse da vivenda dun ancián de Salcedo

PONTEVEDRA>  Os okupas aprópianse dunha casa de Salcedo. O dono, un ancián de 92 anos que se marchou da súa vivenda hai case dous meses e que agora non pode regresar. O medo e a intranquilidade estendeuse a toda a parroquia.

Esta é a vivenda que foi ocupada hai case dous meses por un grupo de persoas. Os okupas aproveitaron que o dono da casa non estaba en Pontevedra para entrar no seu interior. Os veciños foron os que deron a voz de alarma.

Nun primeiro momento, a casa estaba ocupada por un grupo de tres persoas pero agora os veciños sospeitan que esta cifra ascende a 7. Ademais, a sobriña do dono da vivenda cre que os okupas poderían estar alugando as habitacións.

Ángeles Durán síntese impotente ao non poder acceder á vivenda do seu tío, un ancián de 92 anos que non pode facer nada para recuperar a súa casa. A pesar de presentar xa a denuncia na Comisaría e no Xulgados, os trámites poderían prolongarse varios anos.

A indignación e a preocupación de Ángeles é palpable tamén entre todos os veciños da parroquia de Salcedo.

Ademais de non poder recuperar a súa vivenda, os afectados lamentan ter que sufragar os gastos de luz e auga dos okupas. Unha situación que pon sobre a mesa os problemas que presenta a lexislación vixente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí