CAMBADOS> Os datos confirman o éxito da Festa do Albariño de Cambados deste 2022. O concello xa ten a información recompilada dende a Mancomunidade do Salnés, que apunta a que nos dez días de festa pasaron pola vila ao redor de 350.000 persoas. Unha cifra que racha calquera expectativa.
O concello de Cambados xa ten os datos que confirman o rexurdir da Festa do Albariño trala pandemia.
Son datos recompilados pola Mancomunidade do Salnés cun sistema novidoso, que contabiliza e clasifica as tarxetas SIM dos teléfonos que se conectan á antena de telefonía móbil. Permitindo incluso diferenciar entre visitantes, que non pernoctan, e turistas, que o fan como mínimo unha noite. Se os sumamos, o sábado se acadaron as 60.000 persoas en Cambados.
Con esta información na man, o goberno local refórzase na súa aposta por alongar ata os dez días as festas e por diversificar os espazos. Cambios cos que buscaban mellorar o Albariño e evitar no máximo posibles as masificacións.
Por procedencias, o resto da provincia de Pontevedra, A Coruña, Madrid e Barcelona foron as máis repetidas a nivel estatal. A nivel internacional, foron Alemaña, Portugal e Francia.