Detida en Porto do Son con 22 doses de cocaína no bolso

PORTO DO SON> A  patrulla fiscal e de fronteiras da Garda Civil de Noia detivo a unha muller en Porto do Son coma presunta autora dun delito contra a saúde pública no marco dun dos operativos que o Instituto Armado está a realizar nas últimas semanas contra o tráfico de drogas a menor escala en toda a comarca.

Os axentes interviñéronlle unhas 22 doses de  cocaína e 620 euros en metálico.

Foi denunciada por un presunto delito contra a saúde pública e posta a disposición xudicial, xunto con todo o material incautado, no Xulgado de Noia, que é quen instrúe a causa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí