“Mesmas promesas, mesmos incumprimentos”, así valora o PP de Poio a primeira metade de lexislatura

    Hoxe cúmprense dous anos das últimas eleccións autonómicas, e o Partido Popular de Poio quixo valorar esta primeira metade da lexislatura do goberno local, liderado polo BNG desde hai 22 anos. Para os populares nestes dous anos só houbo o mesmo que nas dúas décadas anteriores: mesma promesas, e mesmos incumprimentos. O mesmo que nos últimos 22 anos, iso é o que cre o Partido Popular de Poio que fixo o goberno local durante a primera metade da presente lexislatura. Ángel Moldes, voceiro dos populares de Poio, asegurou esta mañá nun almorzo informativo, que repasando un programa do ano 2007 do BNG, que goberna no concello desde hai 22 anos, atopamos as mesmas promesas incumpridas que existen hoxe en día. Moldes, quixo destacar algúns dos aspectos do concello que para os populares son máis urxentes e, segundo afirma, o goberno do nacionalista Luciano Sobral ten abadonados. Por exemplo, a depuradora. O voceiro popular lembrou que a Xunta comprometeuse a pagar a depuradora, pero é o concello o que debe buscar unha ubicación, para así evitar os peches de marisqueo que se están a padecer. Con respecto ó PXOM, asegura que ó haber por primeira vez unha dedicación exclusiva en urbanismo, cren que non debería ter desculpa o feito de non aprobalo este ano. E as outras dúas promesas incumpridas: as beirarrúas de Campelo e a PO 308. Ángel Moldes puxo en dúbida tamén a situación da coalición de goberno de BNG e PSOE. A xestión do Pazo de Besada, a transparencia, ou as axudas indirectas con algúns dos temas que tamén criticaron desde as filas populares, durante esta valoración da primeira metade da lexislatura do goberno loca, e aseguraron que o PP poiense seguirá a traballar polo veciños do municipio.