O ciclo ‘Chanzas na Rúa’ levará a Ribeira a catro dos mellores monologuistas galegos

    RIBEIRA> Este venres arranca en Ribeira o novo ciclo de monólogos Chanzas na Rúa. Catro humoristas levarán ó seu espectáculo a diferentes prazas da vila ó longo de todo o mes. Debido á boa acollida dos espectáculos humorísticos entre o público ribeirense, a concellería de cultura de Ribeira decidiu poñer en marcha este ano un ciclo de monólogos. Baixo o título Chanzas á Rúa, os humoristas Xan Veiga, Pedro Brandariz, Tito Rober e Padre Merino conformarán o cartel desta primeira edición. A primeira será este venres na praza de Vigo. Cada un dos monólogos desenvolverase nunha praza da vila co obxectivo de dinamizar á hostalería. Este ciclo nace con vocación de continuidade polo que dende o concello agardan o respaldo do público. No caso de chuvia nalgunha das datas previstas, o espectáculo trasladaríase ó auditorio municipal.