CALDAS> Unha falecida nun accidente rexistrado esta tarde en Caldas de Reis. A muller conducía unha furgoneta de reparto cando, por causas que se descoñecen, perdía o control do vehículo ao incorporarse á Nacional 540. Tras colidir contra a rotonda de San Simón, desprazouse uns metros polo chan. Tanto a condutora como o acompañante quedaron atrapados, polo que o 112 mobilizou aos Bombeiros de Vilagarcía para a excarceración. Aínda que foi rescatada con vida, a muller falecía minutos despois no punto. O home foi trasladado en estado moi grave ata o hospital. No operativo, que provocou importantes retencións, participaron a parte dos bombeiros e das dúas ambulancias do 061, o GES de Valga, Emerxencias de Vilagarcía e varias patrullas da Garda Civil de Tráfico.
Inicio Sucesos