Villares anuncia novas axudas para equipamentos portuarios por valor duns 9 millóns de euros

MUROS> Acompañado do patrón maior, Daniel Formoso, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaba a lonxa para coñecer de primeira man os investimentos realizados ó abeiro da convocatoria de axudas para equipamentos portuarios do pasado ano 2024.

O pósito muradán acolleuse a esta liña de subvención de Mar, o que lle permitiu poder adquirir novo material moi necesario no traballo diario da rula, como é o caso dunha  carretilla elevadora, unha nova máquina de xeo, novos equipos de pesaxe, mesas e palets para a clasificación e exposición do produto, así como unha fregadora-aspiradora.

Todo por un importe total de máis de 360 mil euros.

Alfonso Villares aproveitou a visita á localidade para anunciar que o Goberno Galego dará continuidade a estas axudas coa publicación dunha nova convocatoria ó longo deste mes de xaneiro por valor duns 9 millóns de euros.