Muros e Carnota desenvolverán un obradoiro de emprego conxunto para mozos

MUROS> Os concellos de Muros e Carnota porán en marcha de xeito conxunto un obradoiro de emprego de garantía xuvenil. O proxecto, que estará dedicado á atención sociosanitaria e á limpeza de espazos abertos e industriais, disporá de quince prazas. Grazas a unha subvención concedida pola consellería de Economía, Emprego e Industria, o concello de Muros, xunto co de Carnota, desenvolverá un obradoiro de emprego denominado ‘Naraio Xuvenil’. O proxecto, no que se mestura formación e emprego, terá unha capacidade para un total de 15 alumnos traballadores con idades comprendidas entre os dezaseis e os trinta anos: Estará dedicado á atención sociosanitaria e á limpeza de espazos abertos e industriais.