Itineranta baixa o telón cun éxito de participación

Pontevedra> A oitava edición de Intineranta pechou as súa portas en Pontevedra. Unha cita que unha vez máis conseguiu abraiar a pequenos e maiores co espectáculo de rúa que tiveron lugar ao longo desta semana. Música en directo e animación foron os principais protagonistas deste evento, sen dúbida un dos pratos fortes do panorama cultural pontevedrés no verán. Itineranta deixou pegada un ano máis en Pontevedra, un espectáculo que consigue sorprender ano tras ano a pequenos e a maiores. Onte rematou esta cita do panorama cultural pontevedrés cun éxito de participación. Trátase do único espectáculo de rúa itinerante que hai en toda España. Unha oitava edición que onte pechou as súas portas, unha cita que se despide para deixar paso ás Festas da Peregrina. Pero este Itineranta pode marchar contento porque conseguiu sacar sorrisos, abraios e que sorprendeu moito ós asistentes.