Ribeira promocionará en Festur a Festa da Dorna e a Exaltación do Percebe

RIBEIRA> O concello de Ribeira participará este ano con stand propio na Feira das Festas de Interese Turístico de Galicia que se celebra en Silleda do 4 ó 7 de xuño. Centrarase na promoción das dúas citas que contan con este distintivo no municipio: a festa da Dorna e a exaltación do percebe de Aguiño.

Ribeira conta con dúas festas declarades de Interese Turístico de Galicia. A da dorna ostenta esta distinción xa dende 2005 mentres que a exaltación do Percebe de Aguiño sumábase a esta ilustre lista hai catro anos. 

Coa intención de promocionar estas e outras citas festivas e gastronómicas, o concello participará na Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia cun expositor propio.

A feira desenvolverase dende este xoves ata o domingo día 7. Ademais de información e material divulgativo, no stand de Ribeira proxectaranse videos promocionais das festas e recursos turísticos que ofrece o concello.