Volve Pontenadal, a feira de artesanía máis popular da cidade

PONTEVEDRA> Pontevedra acolle, dende hoxe, unha nova edición do Pontenadal. A Feira de Artesanía e Agasallo máis popular da Boa Vila chegou esta mañá á Praza do Teucro. Neste espazo poderedes atopar artigos orixinais para regalar nestas datas.

Xoias, téxtil, artigos de coiro e ata monicreques. Estes son algúns dos artigos que podedes atopar en Pontenadal. A Feira de Artesanía e Agasallo máis popular da cidade xa está dispoñible na Praza do Teucro. En total, máis de 30 expositores nos que encontraredes os mellores regalos para estas festas.

Esta é unha das paradas obrigadas para todos aqueles que desexen regalar un produto diferente e orixinal. Pero tamén para os artesáns, esta é unha das citas máis importantes do ano.

As Nadaladas do Teucro estarán abertas ata o 5 de xaneiro, a excepción do 25 de decembro e do día de ano novo. O horario será de 11 a 14h e de 17 a 21:30 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí