A Semana Santa de Porto do Son recupera o seu esplendor tralos anos da pandemia

PORTO DO SON> Porto do Son quenta motores para vivir a Semana Santa con máxima devoción. O pregón a cargo do bispo auxiliar de Santiago celebrado este sábado na capela da Atalaia abriu un programa de actos que incorporan importantes novidades.

A Semana Santa de porto do Son recupera neste 2023 a plena normalidade tras varios anos limitada pola covid. As celebracións darán comezo este venres coa misa e procesión na honra da Virxe das Dores.

O domingo pola mañá terá lugar a tradicional Bendición de Ramos na praza de España seguida da procesión da Borriquiña. O calendario de celebracións continúa o martes co Vía Curcis e o xoves coa proceisón do Ecce Homo.

O venres pola mañá escenificarase o Santo Encontro e pola tarde terá lugar o desencravo e porcesion do santo enterro seguido da Soidade. A Semana Santa concluirá o Domingo de Resurrección coa procesión de Xesús Glorioso e o Encontro.

O alcalde de Porto do Son quixo agradecer o labor da confraría da paixón do noso Señor e de tódolos colaboradores que fan posible este amplo abano de celebracións.

Tivo tamén un  emotivo recordo para don José Santos, párroco de San Vicente de Noal, falecido en 2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí