Noia reunirá a destacados investigadores nunha nova edición da Semana da Historia

NOIA> A concellería de Cultura de Noia desenvolverá un ano máis a súa semana da Historia, este ano co título de ‘As Portas do Mar’. Será do 3 ó 10 de maio no Teatro Coliseo Noela. O programa deseñado para esta edición, a número doce, incluirá diversas ponencias a cargo de reputados historiadores e investigadores.

A concellería de Cultura de Noia organiza un ano máis a Semana da Historia, que chega este ano a súa duodécima edición. Desenvolverase do 3 ó 10 de maio no Teatro Coliseo Noela. Baixo o título nesta ocasión de ‘As Portas do Mar’, as xornadas porán en valor distintas áreas como poden ser a historia, a arte ou a música, entre outras.

As xornadas arrancarán o día 3 coa presentación da guía cultural ‘As portas do mar’ a cargo de Xerardo Agrafoxo.

Ademais das ponencias o programa completarase tamén con outras actividades entre as que se atopan varias actuacións, o sábado 3, na xornada inaugural, coa da Escola de Danza Oitos e o mércores 7 cun concerto de Esperanza Mara e o grupo As Lens con cancións inspiradas nos sons do mar.