Así será a “nova” Praza de Barcelos

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou hoxe unha das reformas máis agardadas da cidade. A Praza de Barcelos mudará completamente a súa imaxe. O goberno local remodelará todo este espazo creando novas áreas de xogos e ampliando a zona verde.

Así é como está actualmente a Praza de Barcelos e así é como quedará tras a súa remodelación. Para entender este novo proxecto hai que dividir este espazo en tres áreas. A primeira, a de xogos. Actualmente o parque infantil está situado fronte ao colexio, pero con esta reforma trasladarase á zona sur.

A segunda zona que hai que destacar é a deportiva. Esta estará situada fronte ao colexio e nela haberá tres pistas e un espazo para practicar tenis de mesa. Con esta remodelación ampliaranse tamén as zonas verdes da praza, creando así un gran espazo de paseo e estancia.

Co obxectivo de favorecer aos negocios situados ao redor da praza, ampliaranse as beirarrúas e reservarase un espazo para as terrazas da hostalería. En canto ao tráfico, manterase un único carril e modificaranse os aparcamentos.

A intención do goberno local é poder licitar esta reforma en 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí