CAMBADOS> Cambados dá novo pulo á súa reivindicación para que a sé da Denominación de Orixe Rías Baixas se instale na vila. O concello segue a recavar o apoio dos concellos do Salnés que forman parte da denominación, e insiste en que o municipio cambadés é a capital do viño albariño e o maior produtor.
Cambados está decidido a manter o pulso para reivindicar a sé do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Algo que, segundo o edil Tino Cordal, é de sentido común.
Estas son algunhas das razóns nas que se apoia o goberno cambadés, que tamén se refire ao exemplo do que se vive nas demais Denominacións de Orixe de España.
A intención do edil cambadés e seguir camiñando cara este obxectivo, aínda que recoñece que será un proceso lento e longo. Así as cousas, confían en que o sentido común impere, e Cambados sexa, ademais da Capital do Albariño, a sé do Consello Regulador da Denominación de Orixe.
O concello continúa recompilando apoios neste camiño. Vilanova, A Illa, Vilagarcía e O Grove xa anunciaran o seu respaldo, ao que agora se suma tamén Ribadumia. Segundo Cordal, a petición irá aos plenos de Meaño, Meis e Sanxenxo, e da Mancomunidade do Salnés. Ademais, chegará incluso ao Parlamento Galego.