A Summer Party de Noia Histórica inaugura as rebaixas de verán

NOIA> Máis de corenta establecementos sumáronse á Summer Party que terá lugar este sábado en Noia. Esta iniciativa, promovida pola asociación Noia Histórica, serve como punto de partida das rebaixas do verán. Os comercios participantes abrirán ata as dez da noite e haberá diversas actividades de animación durante toda a tarde. Procederase ademais ó sorteo dunha bicicleta entre as persoas que realicen compras nos establecementos asociados.