Deputación e Concello satisfeitos co resultado das súas presentación en FITUR

Pontevedra> Deputación e Concello de Pontevedra fan un balance máis que positivo do seu paso pola Feira Internacional de Turismo 2018. Carmela Silva dixo que a campaña “Somos historias” acadou unha acollida espectacular nesta feira. Lores, pola súa banda, dixo que a presentación dos Multisport Pontevedra 2019 foi espléndida e converterá a Pontevedra nun referente como cidade deportiva.

Satisfacción plena, así se sinte a Presidenta da Deputación tralo seu paso pola Feira Internacional de Turismo. Carmela Silva dixo esta mañá que o hashtag somos historias acadou catro millóns de visualización en twitter e máis de 1800 visualización en youtube. Carmela Silva ten claro que a figura de María Vinyals dará a volta ao mundo neste ano do patrimonio para a Deputación.

En relación á presentación do Multisport Pontevedra 2019 Carmela Silva dixo que a Boa Vila lo petará o vindeiro ano.

O alcalde de Pontevedra tamén chegou moi satisfeito coa presentación de Pontevedra como cidade referente en eventos deportivos, que o vindeiro ano acollerá este pentamundial que se desenvolverá do 27 ao 5 de abril na cidade.

Unha cita que converterá a Pontevedra no centro do triatlón mundial, e a diferencia doutras cidades, na Boa Vila se poderá desfrutar deste evento dende o seo desta capital de provincia.

O patrimonio da provincia de Pontevedra e o deporte da cidade do Lérez deixaron pegada en Madrid nesta nova edición de Fitur