O PP da Pobra culpa ó goberno da perda dos fondos para o centro de saúde

POBRA> O PP da Pobra volve criticar a falla de xestión do goberno municipal trala perda da subvención para acometer o novo centro de saúde así como a caducidade da cesión dos terreos por parte dun particular.

Nos vinte novos centros de saúde aprobados a pasada semana polo Consello da Xunta non figura o da Pobra, algo que xa tiñan advertido os populares.

Consideran que se non estaban de acordo con este emprazamento, o goberno puido ter buscado unha alternativa en lugar de perder os fondos.

Cinco anos por diante nos que os veciños deberán seguir facendo uso do actual centro de saúde o que, a pesar das reformas acometidas, xa non reúne segundo os populares as condicións idóneas para a atención ós usuarios.