A Xustiza está en folga

Pontevedra>O primeiro día da folga indefinida dos funcionarios da Administración de Xustiza tivo un seguimento do 94 por cento en Pontevedra. Un total de 68 xuízos foron suspendidos na capital de provincia. Dende os sindicatos unificados por esta equiparación salarial do sector lamentan o inmobilismo da Xunta de Galicia ante este problema.

Primeira folga indefinida no sector da administración de xustiza en Galicia, neste 7 de febreiro comeza esta folga coa que levan ameazando durante varios meses. Os sindicatos agradeceron esta mañá o seguimento da mesma que en Pontevedra chegou ao 94 por cento. Os 7 sindicatos que convocan esta folga indefinida teñen claro que a Xunta de Galicia é a única resposable de chegar a este punto.

Estes sindicatos teñen claro que é a Xunta a que ten que sentarse a negociar. Preguntados esta mañá sobre as declaracións de Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia onde dicía que coa proposta da Xunta pasarían a estar entre as 11 comunidades mellor pagadas, dende os sindicatos teñen claro que o Goberno Galego unha vez máis minte.

Dende estas centrais, que representan aos traballadores, din que eles non piden un aumento do salario nun 16 por cento como afirman dende a Xunta de Galicia, eles o que demandan é unha equiparación salarial.

Unha mensaxe clara que queren enviar á cidadanía…

Dende estes sindicatos lamentan a actitude inmobilista da Xunta ante este problema, tendo en conta que o Goberno galego non prevé ningunha negociación, con todo, este paro, esta folga se manterá dende hoxe de maneira indefinida na administración xustiza.