Boiro Novo solicita a adaptación da normativa municipal á nova lei de Benestar Animal

BOIRO> Dende a formación queren que se regulen cuestións como a protección animal, a loita contra o abandono ou protocolos para evitar o maltrato. Boiro Novo pide tamén que a Xunta dote de recursos económicos ós Concellos para que se poida garantir a aplicación correcta da lei. Precisamente para informar das especificidades da normativa, e de que a xente poida coñecer de primeira man os seus dereitos e obrigas, Boiro Novo organizará unha charla informativa. Será o próximo xoves a partir das oito da tarde no centro social de Boiro.