Mar anuncia que a vacinación aos mariñeiros de altura, gran altura e mercante comezará en breve

BARBANZA> A conselleira do Mar anunciou esta mañá en Ribeira que a vacinación dos mariñeiros galegos, tanto os da altura coma os da gran altura ou os da mariña mercante, comezará en breve.

A Xunta trasladou onte esta solicitude ó Consello Interterritorial de Saúde e a Ministra viuno con bos ollos.

Quintana referiuse que a Xunta propuxo a administración ós mariñeiros da vacina de Janssen. Segundo ela o feito de que sexa monodose facilita moito as cousas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí