RIBADUMIA> Unhas emprenderon e outras queren emprender. Mulleres en diferentes situacións participaron esta mañá nun almorzo en Ribadumia, organizado polo CIM da Mancomunidade do Salnés. Nel, unhas e outras puxeron sobre a mesa o papel da muller no mundo laboral e as trabas coas que en moitas ocasións se atopan, polo único feito de ser muller.
Na compaña duns cafés e uns pasteis, estas mulleres compartiron hoxe moito máis que un almorzo. Unhas, con máis idade, contan a súa experiencia de como emprenderon e lograron sacar adiante as súas ideas. Outras, aínda máis novas, explican os seus proxectos e falan de como pretenden levalas adiante. A iniciativa está impulsada polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés.
Encarnación e unhas amigas decidiron crear un colectivo centrada en asesorar a persoas en diversos campos, como a psicoloxía ou a nutrición. Para levar adiante o seu proxecto, recoñece que non o tivo doado.
Marta acaba rematou a carreira de Psicoloxía hai uns meses. Agora, quere lanzar o seu propio proxecto e levalo adiante aquí, no Salnés.
Para o alcalde de Ribadumia experiencias, como este almorzo celebrado hoxe en Barrantes, son moi enriquecedoras para as participantes. O rexedor salienta o proveitoso que resulta o intercambio de experiencias.
Tralo seu paso por Meis e Ribadumia, a rolda de almorzos a prol do empoderamento feminino pecharase mañá en Cambados.