O concello avanza na tramitación do futuro parque empresarial de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira traballa na elaboración dun estudo ambiental de cara á construción do novo polígono industrial. Trátase dun requisito necesario para aprobar o cambio urbanístico dos terreos que podería ir a pleno este mesmo mes. Trala emisión do informe favorable para a construción do futuro parque empresarial de Ribeira, o concello traballa na elaboración dun estudo ambiental para a modificación do planeamento urbanístico posto que parte dos terreos estaban afectados polo plan de ordenación do litoral. A intención do executivo é levar a pleno este mes o informe para poder canto antes con este requisito imprescindible para continuar coa tramitación do polígono. Ó tempo que avanza a tramitación administrativa dende o concello constataron o incremento do interese por parte de empresarios que xa solicitaron información. As previsións do concello é que o polígono poida entrar en funcionamento a finais de 2019 ou principios de 2020.